Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Despedida do pergamiño Vindel en Redondela

Concello de Redondela
16-03-2018
0
Despedida do pergamiño Vindel en Redondela

O vindeiro mércores 21 de marzo, ás 19:30 horas na Sala de Exposicións do Multiusos da Xunqueira, celebrarase o Acto de despedida do Pergamiño Vindel en Redondela.

O acto consistirá nun coloquio, onde se falará do contexto en que se produce a lírica medieval galega, a relevancia da lingua galega na Europa da Idade Media e unha explicación sobre a conservación-transmisión da tradición escrita (cancioneiros, follas voandeiras...).


Deseguido, haberá unha explicación sobre a música do Pergamiño Vindel e unha interpretación musical, ó vivo, das cantigas.