Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Actividade Día da Saúde Mental

Concello de Redondela
14-10-2022
0
Actividade Día da Saúde Mental

Redondela únese á Fundación Salma nunha exhibición de papaventos pola Saúde Mental. O domingo 16 de outubro nas praias de Cesantes e Arealonga o Concello de Redondela organiza unha exhibición de papaventos xunto coa Fundación Salma para dar visibilidade á importancia do coidado da Saúde Mental

Coincidindo coa celebración do Día da Saúde Mental, o Concello de Redondela únese a iniciativa da Fundación Salma para dar visibilidade á importancia de coidar o benestar físico e mental. O domingo 16 de outubro ás 12 horas na Praia de Cesantes e na de Arealonga poderase ver unha exhibición de papaventos.

O evento terá lugar o mesmo día e á mesma hora en todos os Concellos de Galicia que quixeran participar coa Fundación Salma. “A idea é crear unha rede para dar visibilidade, pero sobre todo crear unha conexión para arroupar a todas aquelas persoas que estén sufrindo. Por iso, invitamos a todas e todos os veciños de Redondela a participar como espectadores ou voando o seu papaventos”, explica a alcaldesa, Digna Rivas. Calquera persoa interesada en participar pode facelo de forma libre.

Sabendo que nestes momentos as enfermedades mentais están no día a día dos escolares, o Concello de Redondela en colaboración cos departamentos de Servicios Sociais e Medio Ambiente difundiron a actividade conseguindo que participaran escolas do municipio e asociacións como ANDAINA ( asociación sen ánimo de lucro creada por nais e pais de nenos e nenas con diversidade funcional en Redondela).

 

Exhibición de Papaventos

Data: 16 de outubro.

Hora: De 12 horas

Onde: Praia de Cesantes e Praia de Arealonga