Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Día Internacional dos Arquivos

Concellaría de Cultura. Concello de Redondela
10-06-2020
0
Día Internacional dos Arquivos

Co gaio da Celebración do día Internacional dos Arquivos (9 de Xuño), o Arquivo do Concello de Redondela preparou, por vez primeira na súa Historia, unha serie de actividades para dara a coñecer as súas instalacións, as súas funcións e o servizo que presta á vecinanza.

Por mor da excepcionalidade que se está vivindo grazas ao COVID-19, desde a Concellaría de Cultura decidiuse enfocar todas as posibles actividades ao mundo online.

Desta maneira, durante a semana previa ao 9 de xuño, foron colgadas polas redes sociais municipais unha serie de adiviñanzas que mantiveron ás persoas seguidoras das mesmas alertas. A encargada do Arquivo municipal declara ademais: "Varias persoas preguntáronme pola rúa cal era lle resposta ao enigma,..comentando as distintas opcións que demos como solución".

Aquí poñémoslles en orde as adiviñas difundidas:

           

O día 9 de Xuño, con motivo da celebración do Día Intrernacional dos Arquivos, subíronse a esas mesmas redes a solución en forma de vídeo presentación: Todas esas preguntas tiñan unha soa solución: O ARQUIVO.

Ligazón para visualizar o vídeo:  

Por primeira vez as instalacións do Arquivo municipal de Redondela abríronse ao público e ensinando o seu interior explicaron cales sons as súas funcións e como funcionan.

Este traballo foi recollido polo Servizo de Arquivos dá Xunta de Galicia, e difundido na Axenda Cultural da Xunta de Galicia.