Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Día Internacional do Libro Infantil

Concello de Redondela
01-04-2020
0
Día Internacional do Libro Infantil

As Bibliotecas Municipais de Redondela celebran este 2 de abril, a pesar do confinamento, o Día Internacional do Libro Infantil. Iso si, farano a través das redes sociais.

O Día Internacional do Libro Infantil se celebra cada 2 de abril, coincidindo co natalicio do escritor danés Hans Christian Andersen.

No blog das bibliotecas pódese consultar toda a información:

http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2020/03/2-de-abril-dia-do-libro-infantil-en.html

 

Programa de celebración das Bibliotecas Municipais de Redondela:

 

 - O día 1 de abril, a maga  "Leo Leiño" convidará aos nenos de Redondela, a través dunha mensaxe gravada en video desde o seu confinamento, a ter presente a conmemoración a través dunha breve narración máxica dun conto clásico.


 
-O día 2, o propio da efeméride, emitirase a mensaxe oficial do Día, dirixida a todos os nenos do mundo e escrita polo esloveno Peter Svetina .


Esta mensaxe, gravada en vídeo por unha persoa relacionada co ámbito cultura de Redondela, emitirase, tamén, polas ondas da Radio Municipal de Redondela

 
O mesmo día, daranse a coñecer os nomes dos Mellores Lectores Infantís do ano 2019; lectores, menores de 14 anos, que fixeron un maior uso do servizo de préstamo no pasado ano.


Así  mesmo dentro da sección #quedanacasaele que se desenvolve dentro do programa matinal "A Estación" de Radio Redondela durante  o tempo de duración do confinamento e no que o persoal das bibliotecas comparte nas ondas municipais recomendacións lectoras, propostas literarias, iniciativas nas redes sociais, etc... farase fincapé nestes días nas recomendacións de literatura infantil.