Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela reivindica o Día Internacional da Infancia coa celebración do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia

Concello de Redondela
29-11-2022
0
Redondela reivindica o Día Internacional da Infancia coa celebración do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia

Este luns Redondela acolleu a celebración da primeira reunión plenaria do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia, correspondente a este curso escolar. A data coincide coa reciente celebración do 20 de novembro, Día Internacional da Infancia. O Consello Municipal de Infancia e Adolescencia é un órgano participativo e de carácter consultivo que serve de representación do conxunto da Infancia e a Adolescencia dentro do municipio, e que se artella favorecendo a colaboración da Infancia e a Adolescencia cos adultos na elaboración das políticas municipais, tendo en conta o punto de vista destes

A temática deste pleno xiraba arredor do coidado da saúde mental. Un tema que preocupa ás autoridades, xa que algúns datos que revelan os estudos de Unicef en relación coa saúde mental na Infancia e a Adolescencia. No pleno o alumnado de 10 centros de ensino participantes expuxeron ante as autoridades (representantes do equipo de goberno e mais dos grupos electos da oposición), a súa análise da situación en Redondela, e facendo propostas para mellorala.

Asemade durante esta reunión do consello representantes do grupo de participación infantil do noso Concello, Axentes do Cambio, achegaron a súas impresións sobre as súas recentes participacións no X Foro de participación Infantil e Adolescente no Parlamento Galego e mais no VII Encuentro Estatal de Consejos de Participación Infantil y Adolescente, en Cáceres.

O pleno pode verse ao completo na canle de Youtube, seguindo este enlace: https://www.youtube.com/watch?v=SpzuDqhFK6c