Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela celebra o Día de restauración da memoria lingüística de Galicia

Concello de Redondela
04-11-2019
0
Redondela celebra o Día de restauración da memoria lingüística de Galicia

O departamento municipal de Normalización Lingüística de Redondela foi o encargado de promover os actos conmemorativos do "Día da restauración da memoria lingüística de Galicia" que se celebrou o pasado 27 de Outubro.

O goberno municipal, encabezado pola Alcaldesa Digna Rivas e  Concelleira de Normalización Lingüística, homenaxearon cunha placa na entrada do Cemiterio do Viso  a todos e todas os que alí repousan,Digna Rivas sinalaba que "a maioría dos habitantes do Concello  falan en galego, mais só o 2% das lápidas ou placas colocadas nos cementerios están na nosa lingua", por este motivo, o Concello de Redondela animará cunha serie de iniciativas á utilización da lingua galega en lápidas e placas. 

A placa foi colocada na entrada principal do Cemiterio do Viso, onde grazas á aportación do Párroco, Don Carlos, destaca de forma ben visible a lenda "O Barrio de Todos ", un xeito de lembrar a unión da parroquia do Viso e  para que chame a atención de cantas persoas acuden diariamente a este recinto a rendir homenaxe a seus difuntos, na memoria das persoas que xacen ahí , porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu.  

No acto oficial de apertura da placa no camposanto do Viso, a Alcaldesa estivo acompañada polo párroco do Viso, Don Carlos, e por Xoxé González, que durante moitos anos foi o responsable da área de Normalización Lingüística de Redondela e que agora foi representando á Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, e por suposto pola concelleira e concelleiros do equipo de Goberno Susana Couñago, Leonardo Cabaleiro e Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura .

O Goberno Municipal e os funcionarios de normalización lingüística fan un chamamento á ciudadanía a empregan con normalidade en tódolos ámbitos a lingua na que se manifiesta na intimidade familiar. "Compre que reaccionemos perante este feito anómalo e que mudemos vellos hábitos lingüísticos herdados que non son máis ca pouca autoestima polo propio, por aquilo que é patrimonio común de todos, o noso idioma. A lingua galega é o signo máis preclaro da nosa identidade. Este debe permanecer vivo nos ámbitos onde moura a memoria colectiva, sendo os cemiterios eses espazos singulares de recordo. Restaurar a memoria lingüística de Galicia é un obxectivo que debemos conseguir entre todos", explicou a Alcaldesa e Concelleira de Normalización Lingüística. 

O acto organizado polo Concello no cemiterio do Viso enmárcase no papel que asume esta corporación municipal para conseguir que o papel de oficialidade do idioma galego sea real e efectivo en tódolos ámbitos.