Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Dia de Rosalía: Acto na Alameda de Chapela

Servizo de Normalización Lingüística
20-02-2018
0
Dia de Rosalía: Acto na Alameda de Chapela

O vindeiro sábado 24 de febreiro celebraremos en Redondela o Día de Rosalía de Castro, a nosa grande poetisa e novelista galega.

Estades todos convidados ao Acto Institucional de celebración deste día, no que se descubrirá a placa que dará nome a Alameda de Chapela pasándo a denominarse Alameda Rosalía de Castro.

Este sábado ás 18:00 horas na Alameda Rosalía de Castro (Chapela), recitarán varias mulleres de Redondela, e estarán acompañadas pola música de Najla Shami, e deseguido o Alcalde de Redondela e a Fundación Rosalía de Castro descubrirán unha placa conmemorativa.