Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Día de Rosalía: UN LIBRO E UNHA FLOR

Concello de Redondela
23-02-2021
0
Día de Rosalía: UN LIBRO E UNHA FLOR

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía.
O Concello de Redondela únese, outro ano máis, á celebración que fai toda Galicia desta muller única, exemplo no feminismo, na cultura e no amor a Galicia.
Por mor das circunstancias sanitarias, optouse este ano por potenciar a campaña "Un libro e unha flor". Unha iniciativa que a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) impulsou hai anos.
A proposta é que polo 24 de febreiro se agasalle un libro en galego e unha flor á aquela persoa que queiramos. Un xesto simple pero de enorme valor porque a cultura é fonte de vida, de lecer e coñecemento.
Tamén animamos a que as compras se fagan no comercio local. Toda axuda é pouca nesta situación. E cada xesto é importante.
Ademais, pedímosvos que compartades na rede unha fotografía do libro e a flor co cancelo #DíadeRosalía e #RedondelaconRosalía
Máis info na web de Redondela e nas salas de préstamo das bibliotecas públicas de Redondela e Chapela, a quen agradecemos coma sempre a súa colaboración.