Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela celebra o Día Mundial da Saude Mental cunha mesa redonda.

Concello de Redondela
05-10-2023
0
O Concello de Redondela celebra o Día Mundial da Saude Mental cunha mesa redonda.

Co gallo do Día Mundial da Saude Mental o Concello de Redondela organiza o vindeiro martes día 10 de outubro, unha mesa redonda no multiúsos da Xunqueira, ás 19:30h , que versará sobre o traballo que se está a facer na prevención do suicidio infanto-xuvenil. Según declaracións da concelleira de infancia e saude Pilar Martínez “a enfermidade mental é unha das patoloxías máis incomprendidas e que máis dor produce a quen a padece, é moi difícil entender o sufrimento que xenera. Por outra banda o suicidio, é unha decisión que implica unha situación persoal tan extrema que para o/a paciente é a única saída que visualiza ”

Para o Concello de Redondela, a prevención é fundamental; traballando de xeito integral, familia, persoal médico, psicologos, profesorado, compañeiras e compañeros, servicios sociais, etc, para dar resposta e axudar a atopar recursos que eviten una decisión tan dramática.

“É necesario ter dispositivos de atención e procedementos áxiles que detecten e traten síntomas e situacións que poidan conducir a conductas autodestructivas”, sinala a concelleira Pilar Martínez.