Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Digna Rivas chama á prudencia e a “non baixar a garda” ante o descenso dos casos de COVID no municipio

Concello de Redondela
04-03-2021
0
Digna Rivas chama á prudencia e a “non baixar a garda” ante o descenso dos casos de COVID no municipio

A alcaldesa de Redondela agracedeu “os esforzos e sacrificios” realizados pola cidadanía e o “traballo incansable” do persoal municipal. A baixada continuada de casos activos por coronavirus no municipio de Redondela, que posibilitou que onte o Comité Clínico da Xunta baixara ao municipio ao Nivel 3, foron acollidos con satisfacción polo Goberno local. A alcaldesa Digna Rivas quería trasladar unha mensaxe de agradecemento “a todas as veciñas e veciños polos esforzos e sacrificios realizados durante todo este tempo” e ao mesmo tempo chamou “as non baixar a garda para non ter que retroceder coas consecuencias negativas que iso implicaría”.

Digna Rivas quixo tamén agradecer ao persoal municipal “a profesionalidade coa que, en todo momento, desenvolveron o seu traballo e que permitiu que, pese as complicadísimas circunstancias, os servizos municipais seguiran funcionando con total normalidade”.

A partir das 00 horas do venres 5 de marzo, Redondela pasará polo tanto ao nivel máis baixo de restricións que permiten, entre outras cousas, apertura da hostalaría ata as 18 horas co 30 % de ocupación no interior e 50 % nas terrazas e mobilidade entre os municipios que estean no mesmo nivel. Nese sentido Digna Rivas lembra que a nova situación permitirá que as veciñas e veciños “poidan desprazarse a calquera municipio agás Pazos de Borbén e Mos, que están en nivel 2 e Soutomaior que é o único municipio de Galicia que permanece co nivel máximo de restricións”.