Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Dinamización lingüística en Redondela na lonxa e na hostelaría

Alcalcaldía Concello de Redondela
02-10-2020
0
Dinamización lingüística en Redondela na lonxa e na hostelaría

Dinamización lingüística en Redondela na lonxa e na hostelaría


O Servizo de Normalización Lingüística impulsou neste mes dúas iniciativas que procuran afianzar o uso do galego. Estes dúas medidas insírense nunha política de incorporación da lingua de Galicia en espazos sociais de Redondela e, nos cales, a propia cidadanía asume a corresponsabilidade coa permanencia e futuro do idioma.

Por un lado, coa sinatura dun convenio de galeguización da lonxa de Cesantes. Nun espazo onde a lingua galega é maioritaria e de uso habitual, non tiña sentido que o castelán fose a lingua na cartelaría, na información interna ou na documentación administrativa. Neste sentido, e grazas á colaboración da directiva da lonxa de Cesantes, a alcaldesa Digna Rivas (responsable de normalización lingüística) e o patrón maior asinaron este convenio sen dotación económica.


A outra actividade foi impulsada en colaboración coa Asociación de Empresarios/as de Redondela no sector da hostelaría. Trátase da distribución de 50.000 manteis de papel dun só uso con dúas mensaxes lingüísticas. Unha máis dirixida aos turistas, para que coñezan os nomes dos utensilios de comer; e a outra dirixida ao público galego para que preserven a forma galega dos peixes, que é a de uso tradicional pero que se vai mudando polas formas castelás (dende cando o rapante se lle chama “gallo”?).

 


Por último, dende o SNL informan que se levarán máis accións nos sectores ligados ao comercio local así como actividades dirixidas ás crianzas.