Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Doazón de sange en Redondela

Concello de Redondela
30-04-2020
0
Doazón de sange en Redondela

​ O Servizo da unidade móbil ADOS está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais de Galicia.

As persoas que acudan a doar sangue, poden amosar a súa tarxeta de doador de sangue para acreditar a o motivo do seu desprazamento ante as autoridades competentes no caso de control de circulación e, posteriormente, na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.

  TODA A INFORMACIÓN AQUÍ

A data e lugar serán:

REDONDELA

UNIDADE MÓBIL DIANTE DO CONCELLO

Xoves, 30 de abril 10:00 a 14:30 - 16:00 a 21:00 horas

Sábado, 2 de maio 10:00 a 15:0 horas​

Agradecemos a súa constante colaboración, vital para acadar as doazóns de sangue que precisamos cada día para axudar a milleiros de doentes.