Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Doazón de sange en Redondela

Concello de Redondela
30-01-2020
0
Doazón de sange en Redondela

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia.

Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

Unha destas unidades móbiles desprazarase ata Redondela

Martes, 4 de febreiro

  • I.E.S. CHAPELA
    UNIDADE MÓBIL DIANTE DO INSTITUTO
    10:00 a 14:30 e 16:00 a 21:00 horas

Xoves, 6 de febreiro

  • CESANTES de 16:00 a 18:30 horas
    UNIDADE MÓBIL DIANTE DA FARMACIA( ZONA ALTA DE CESANTES)

  • CEDEIRA de 19:00 a 21:00 horas
    UNIDADE MÓBIL A CARON DO COLEXIO PUBLICO

 

Agradecemos toda a colaboración, vital para tratar de acadar as 500 doazóns de sangue que precisamos cada día para axudar a centos de enfermos