Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Concello de Redondela e 'Da man' poñen en marcha unha recollida de material de emerxencia para as persoas refuxiadas de Ucraína

Concello de Redondela
03-03-2022
0
Concello de Redondela e

O Concello de Redondela e a Organización Galega para o Desenvolvemento 'Da Man' veñen de poñer en marcha unha iniciativa que contribúa a paliar a dramática situación das persoas refuxiadeas vítimas da guerra de Ucraína.

A alcaldesa Digna Rivas fixo un chamamento “á solidariedade que sempre caracterizou á veciñanza de Redondela e da que hai amplas mostras nos momentos máis difíciles” e animou ás veciñas e veciños a, dentro das posibilidades de cada un, achegar alimentos non perecedoiros, roupa, mantas, toallas e xabóns e demais elementos de hixiene persoal. O Punto de recollida no Multiúsos da Xunqueira todos os días da semana ata as 22 horas.

A rexedora local subliñou que segundo as ONG que traballan sobre o terreo nos campos de refuxiados, “o que máis se precisa nestes momentos son alimentos non perecedoiros como conservas, chocolate, café, té, arroz, aceite, sal, azucre, atún en latas, garavanzos e pasta amais de lanternas de diferentes tipos, roupa térmica, calcetíns, mantas e luvas”.

Doutra banda as ONG atopan escaseza de material médico básico como vendaxes, gasas, betadine, auga osixenada, material ortopédico, analxésicos, antiinflamatorios, antihemorráxicos, antibióticos, corticoides e torniquetes.

Digna Rivas non dubidou da capacidade da cidadanía de Redondela á hora de ser solidarios e puxo como exemplo ás Mulleres da Illa que “nos momentos máis escuros da nosa guerra civil e na posguerra e con grave risco para a súa vida e a das súas familias, non dubidaron en axudar a aqueles que se atopaban nunha situación de absoluto abandono”.