Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O acendido ilumina o Nadal solidario de Redondela

Concello de Redondela
12-12-2022
0
O acendido ilumina o Nadal solidario de Redondela

O día 10 de decembro inaugurouse de forma oficial o nadal en Redondela, asistiron miles de persoas ao encontro, superando os datos do ano pasado. O acendido das luces chegou acompañado do pasarrúas, a partir das 18 horas da tarde, a cargo de Pablo Méndez e Latexo Percusión que saíron de distintos puntos para confluír na Praza do Concello. Alí a alcaldesa, Digna Rivas, estaba agardando para premer o botón que  acendería a iluminación de todo o municipio, acompañada da Coca Simona.

A rexidora local quere destacar e lembrar que o acendido das luces en Chapela o domingo 11 sería á mesma hora e cos mesmos espectáculos programados, pero trasladados a Alameda de Rosalía de Castro. "É de gran importancia que as festas cheguen da mesma forma a todo o municipio e sobre todo darlle a importancia que se merece a Chapela”, explicou a rexidora.

O pasarrúas a cargo de Pablo Méndez Performance saíu dende a Praza de Ribadavia, máis coñecida como ‘A Farola’. A Compañía de performance trouxo acróbatas aéreos e caracterizacións espectaculares con todo tipo de personaxes festivos e fantásticos para ambientar e encher de cor a vila.

Latexo percusión saíu do Campo da Feira para chegar a Praza do Concello co resto de artistas. Os seus pasarrúas caracterízanse por estar ambientados de forma musical con ritmos vivos e percusión. Amenizaron a festa cun baile interpretado por músicos ambulantes, títeres e zancudos.

Durante o acendido a Praza do Concello estaba abarrotada de xente, miles de persoas agardaban a alcaldesa que premeu o botón , despois do seu discurso de agradecemento no que destacou a importancia do acto de solidaridade organizado polo concello e as asociacións adicadas a causas sociais en Redondela.

Rivas recalcou que “este é un día grande para Redondela, no que queremos que estén representadas as asociacións redondelás para apoialas e darlles visibilidade”, agradeceu a Andaina, Da Man e Cáritas “a súa labor e presenza no acto que a través da Chocolatada Solidaria recaudan fondos para as súas distintas causas sociais, todas de igual importancia para o municipio”.

A Chocolatada solidaria estivo repartida nas zonas máis concorridas, onde se podía recoller o chocolate quente e o petisco doce que consistiu en rosca, típico das datas festivas. A xente participou de forma animada ata esgotar as 1000 racións que puxo a disposición das asociacións o concello. Un dos postos estaba localizado nos soportais da Casa do Concello, outro na Alameda de Castelao e o último na Praza da Constitución. O día 11 de decembro corresponde ao evento de acendido da iluminación de nadal en Chapela, onde tamén colocouse un posto na Alameda de Rosalía de Castro.

“Andaina, Da Man e Cáritas fan unha labor altruísta para mellorar a calidade de vida dos e das redondelás. O concello quere dar visibilidade ó seu traballo á vez que recaudar fondos para as distintas causas que representan”, explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.