Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela participa no encontro dos Consellos de Participación de Galicia, organizado por Unicef

Concello de Redondela
11-05-2021
0
Redondela participa no encontro dos Consellos de Participación de Galicia, organizado por Unicef

Unha representación do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia de Redondela, formada por Bruno Veiga e Mª Teresa Montesino, ambos de 11 anos, participou o pasado xoves no encontro dos Consellos de Participación de Galicia co Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Xeográfica, Jacobo Rey, e a presidencia de UNICEF Comité Galicia, Myriam Garabito.

Os principais obxectivos desta xuntanza foron dar a coñecer o traballo que están a realizar os consellos de participación infantil e adolescente nos seus respectivos Concellos, ademáis de expoñer ante a Administración autonómica os temas prioritarios dende o punto de vista de Infancia e Xuventude.

Nas súas intervencións os representantes de Redondela falaron sobre a necesidade de que as administracións asuman responsabilidades sobre o coidado do medio ambiente.

Ademáis dos representantes do Consello de Infancia e Adolescencia de Redondela, participaron no encontro xóvenes dos Consellos de participación dos concellos de Cabanas,Teo, Moeche, Tomiño, O Porriño, Moaña e Castrelo de Miño.