Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Encontro de hospedaxe en Redondela

Asociación de Empresarios de Redondela
14-02-2019
0
Encontro de hospedaxe en Redondela

O vindeiro 21 de febreiro celebraremos un encontro con responsables da Xunta de Galicia, do Concello de Redondela e a Asociación de Empresarios de Redondela cos establecementos de hospedaxe.

O enfoque céntrase na preparación de actividades e presentación de material divulgativo (cultural e turístico) vencellado ao Xacobeo 21.

O Camiño Portugués é o segundo en número de afluencia, só por detrás do Camiño Francés. Neste sentido, e coa previsión do aumento de visitantes no ano 2021, a Xunta de Galicia e o Concello de Redondela queren establecer liñas de traballo para a promoción turística, cultural e lingüística.

Conforme cos datos de Turismo da Xunta de Galicia durante o ano 2018 un 20% dos peregrinos indicaron que os motivos de facer o camiño eran culturais e lingüísticos. É a terceira das causas mencionadas, tras a experiencia persoal e a gastronomía.

Polo tanto, coas perspectivas positivas de cara ao Xacobeo 21, esta xornada ten como obxectivo coordinar o traballo entre o eido da hospedaxe e as dúas administracións (autonómica e local) para facilitar o contacto directo, a distribución de material e a organización de actos promocionais.

Algunhas destas ideas exporanse durante a xuntanza.

 

  DESCARGAR O PROGRAMA DA XORNADA