Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Encontro público con Manuel Rivas

Concello de Redondela
11-03-2019
0
Encontro público con Manuel Rivas

O vindeiro mércores 20 de marzo haberá un encontro público co escritor Manuel Rivas.

O acto, organizado por Normalización Lingüística e as bibliotecas municipais, será no auditorio do Multiúsos da Xunqueira, ás 19h.

A entrada é de balde.

O escritor acode así á chamada do proxecto de intercambio bibliotecario “Literaturas irmás”, que comparten o Concello de Redondela e a vila de Monção. Manuel Rivas foi o primeiro escritor que acolleu a biblioteca portuguesa e Saramago o que acolleu Redondela. Desta maneira foméntase así o mutuo coñecemento cultural e lingüístico.