Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

"En Onda coas escritoras": lectura radiofónica en conmemoración do "Día das Escritoras 2023"

Concello de Redondela
13-10-2023
0
"En Onda coas escritoras": lectura radiofónica en conmemoración do "Día das Escritoras 2023"

As Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela, asómanse, na semana do 16 ao 20 de outubro, á obra de diversas escritoras en colaboración coa Radio Municipal de Redondela para conmemorar o "Día das Escritoras" (16 de outubro), unha iniciativa da Biblioteca Nacional de España, xunto con Fedepe (Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias) e con Clásicas y Modernas. Asociación para la igualdad de género en la cultura As ondas de Radio Redondela retransmitirán algúns dos textos seleccionados pola organización para este ano, dentro do programa matinal "A Estación" e, para iso, contan coa participación, entre outros/as, dalgúns membros da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela. Os audios tamén poderán atoparse posteriormente na web e redes sociais da emisora e das Bibliotecas Municipais de Redondela.


+ información: https://bibliotecas.redondela.gal/en-onda-coas-escritoras-dia-das-escritoras-2023/