Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Os veciños de Redondela escollen os festivos locais de 2022

Concello de Redondela
06-09-2021
0
Os veciños de Redondela escollen os festivos locais de 2022

O Concello pon en marcha unha enquisa pra que tódolos veciños voten os días que queren como festivos locais o próximo ano.

As administracións públicas cada vez son máis conscentes da necesidade de implicar a os cidadáns nas súas decisións. Baixo esta premisa, O Concello de Redondela acaba de lanzar unha enquisa a tódolos seus veciños que, coas súas respostas, decidirán sobre os dous días festivos municipais do ano próximo. Tal e como explican dende o Concello: “Para nós é moi importante escoitar a opinión dos nosos cidadáns. Queremos aumentar e facer real a súa participación na toma de decisión para que a cidade avance e mellore coma a súa xente precisa”.

Dende hoxe, e ata o día 12, tódolos veciños de Redondela poderán votar que días festivos queren pra o 2022 entre as 4 propostas do consistorio a través da web do concello. Así, decidirán se as festas locais serán o 1 de marzo (Martes de Entroido), 17 de abril (Luns do Cristo), 16 de xuño (Xoves da Coca) ou o 24 de xuño (San Xoán). “Os cidadáns que participen deberán elixir dous das datas escollidas, pero sabemos que na cidade hai outras datas tamén moi significativas, polo que poden compartir a súa propia proposta”, informan dende o consistorio.

  VOTACIÓN PECHADA

Esta é a primeira enquisa que pon en marcha o Concello de Redondela, pero no será a única. Por iso, servíronse das novas tecnoloxías. “Á hora de poñer en marcha algo así, é fundamental garantir a seguridade dos datos dos nosos cidadáns e ten que facerse de forma sinxela, intuitiva e universal. Polo que hai que valerse das ferramentas e mecanismos máis axeitados”, aseguran. Para logralo, contan coa axuda de MuniDigital, empresa especializada na dixitalización de Axuntamentos e administracións públicas, e que desenvolveu una solución tecnolóxica pra xerar enquisas e formularios.