Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Entrega de diplomas do curso de coidados das persoas maiores

Concello de Redondela
13-10-2022
0
Entrega de diplomas do curso de coidados das persoas maiores

Digna Rivas entrega os diplomas do curso de Coidados ás Persoas Maiores

A Concellería de Servizos Sociais segue apostando polas iniciativas que redunden nun maior benestar para o colectivo de persoas maiores. O curso consistía en 160 horas, nas que 80 eran de prácticas en Centros de Día de Redondela

 

 

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e a concelleira de Servizos Sociais, Iria Vilaboa, asistiron esta mañá a entrega de diplomas do Curso en atención e coidado de persoas maiores que se desenvolveu de maio a xuño nas instalacións do Multiúsos da Xunqueira. Este contaba coa colaboración da Fundación FormaVigo e a subvención da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia en coordinación co Concello de Redondela.

No acto tamén estaba presente a coordinadora Fernanda Couñago, xunto coas 10 alumnas que remataron con éxito as 160 horas de formación. Nas primeiras 80 horas aprenderon mobilizacións, técnicas de primeiros auxilios, atención socio sanitaria, axuda a domicilio, coidados a persoas dependetes e  alimentación, entre outras cousas. As últimas 80 horas estaban dedicadas á prácticas en colaboración cos Centros de Día e asociacións de Redondela.

“Algunhas das mulleres que participaron no curso atoparon traballo antes de rematar as prácticas. Tecemos unha rede que impulsa a confianza para emprender nun campo tan necesario como son os coidados das persoas maiores”, explica Couñago.

Digna Rivas salientou a importancia desta actividade formativa “que contribúe a incrementar o benestar das persoas maiores”. Para alcaldesa redondelá, as persoas que se encargan do coidado das e dos nosos maiores “deben contar con coñecementos teórico prácticos que lles permitan realizar esta importantísima tarefa coas maiores garantías”.

 

PERSOAS MAIORES

Cómpre salientar que o colectivo de persoas maiores foi, dende o inicio do mandato, un dos eixos da política do Goberno socialista redondelán como o demostra a creación dunha concellería específica das Persoas Maiores –inexistente en anteriores gobernos– que xestiona Iria Vilaboa.

O coidado das persoas maiores para o Goberno redondelán, va máis aló de iniciativas como esta que contribúan a mellorar a súa calidade de vida ao poder contar con coidados no seu fogar a cargo de persoal cualificado. “Coidas aos nosos e ás nosas maiores é tamén facelos partícipes activos da vida social, cultural e política do municipio”, explica Digna Rivas para quen este colectivo “ten unha experiencia aprendida ao longo dos anos, tanto no seu traballo como na súa propia experiencia vital, que non podemos permitirnos o luxo de desperdiciar”.