Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

España debuta en Redondela

Concello de Redondela
11-07-2019
0
España debuta en Redondela

O combinado nacional dirixido por Isidoro Martínez xogará o sábado un amigable contra Chile en Redondela.

O domingo xogarán Xapón e Arxentina en Chapela.

Vigo, 10 de xullo de 2019. A selección española júnior estrearase o sábado 13 de xullo (19:00 horas) en Redondela contra Chile. Será un partido amigable si, pero unha proba fundamental para o seleccionador Isidoro Martínez, xa que lle permitirá medir o nivel competitivo dos seus xogadores uns días antes do inicio do Mundial de Vigo e Pontevedra 2019.


A selección española forma parte do grupo A, mentres que Chile está encadrado no grupo D. Este choque tamén será unha magnífica oportunidade para que o público galego poida ver en acción aos hispanos. O acceso será gratuíto.


O combinado nacional, dirixido por Isidoro Martínez, chega mañá a Galicia para a disputa do Mundial, no que defende o título acadado hai dous anos en Arxelia. O combinado nacional de inicio é un dos favoritos para loitar polas medallas.


Ademais, ao día seguinte (domingo 14) tamén teremos a oportunidade de ver en acción a Xapón (que forma parte do grupo de España) e Arxentina (grupo D), que xogarán a partir das 11:00 horas no Pavillón Municipal “Manuel González Soto” de
Chapela.


A federación Galega de Balonmán quere agradecer a boa disposición do Concello de Redondela, que dende o primeiro momento mostrouse absolutamente disposto a colaborar con nós para acoller estes dous partidos amigables, que serán o primeiro anticipo do Mundial.