Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

"España baleira": Charla-coloquio organizada pola Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela

Bibliotecas de Redondela
18-02-2018
0
"España baleira": Charla-coloquio organizada pola Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela

O venres 23 de febreiro, ás 20:30 h., na sala de exposicións do Multiúsos de Chapela, os Amigos das Bibliotecas xa nos teñen preparado un novo coloquio.

Desta vez o profesor de historia David Faro falaranos de "A España baleira". Así, baseándose no homónimo libro de Sergio del Molino "La España vacía: viaje por un país que nunca fue", percorreremos as peculiaridades dun país onde a despoboación progresiva do rural configura unha nova realidade xeográfica, onde as paisaxes fantasmagóricas e baleiras viven agochadas detrás da existencia do territorio coñecido.