Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O proxecto “AS MULLERES DO TÉXTIL” recolle as vivencias das traballadoras de Regojo a través do teatro comunitario

Concello de Redondela
29-06-2023
0
O proxecto “AS MULLERES DO TÉXTIL” recolle as vivencias das traballadoras de Regojo a través do teatro comunitario

A obra de teatro estréase os días 1 e 2 de xullo no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas e o proxecto de pódcast emitirase durante todo o mes de xuño na Radio Municipal. O Concello de Redondela colabora coa iniciativa Mulleres do téxtil de José Manuel González e Roberto Casal Mouriño. O proxecto estrease no Multiúsos da Xunqueira este sábado 1 de xullo e terá un segundo pase o 2 de xullo, ambos ás 20:00 horas da tarde.

Mulleres do textil recolle as vivencias de todas as mulleres que formaron parte da empresa téxtil Regojo, pilar da economía redondelá dende 1937 a 1978. O proxecto creouse coa participación do grupo de treatro afeccionado de Reboreda e a colaboración dos 4 institutos do municipio (IES Chapela, IES Floriani, IES Mendiño e IES Illa de San Simón). Os organizadores guiaron ao alumnado para recompilar información mantendo xuntanzas cun total de 22 traballadoras de diferentes xeracións para crear esta obra de teatro comunitaria. O grupo de actrices e actores está formado por parte do alumnado dos institutos redondeláns e 11 mulleres e 1 home de idade adulta sen experiencia profesional no mundo do teatro. A obra desenvólvese alternando escenas corais, drama e comedia.

A alcaldesa, Digna Rivas, explica que “cando chegou as miñas mans esta iniciativa non dubidei en apoiala, pois pon en valor as mulleres traballadoras de Redondela e sobre todo de aquelas mulleres que traballaron en Regojo e forman parta da historia viva do municipio. Moitas delas comezaron a traballar con 14 anos e teñen vivencias moi importantes para a memoria de Redondela. É importante para este goberno recoñecer o traballo da muller e recuperar os espazos que lles negaron no relato histórico oficial”.

Rivas quere agradecer o traballo deste colectivo e dos 4 institutos do municipio “que uníronse co obxectivo de poñer en valor a historia de Redondela para que a nosa memoria perdure e as mulleres traballadoras de Regojo sexan recoñecidas recuperando os espazos que lles negaron no relato histórico oficial. Unha labor educativa fundamental e imprescindible de cara a unha sociedade máis igualitaria”.