Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Éxito do videosaúdo con Papá Noel

Concello de Redondela
09-01-2023
0
 Éxito do videosaúdo con Papá Noel

A terceira edición do 'Videosaúdo con Papá Noel' acada máis de 2000 visitas diarias e 20.000 solicitudes. En www.nadalenredondela.com, e introducindo o seu nome, os nenos e nenas de Redondela puideron recibir un saúdo personalizado do mesmísimo Papá Noel, nun proxecto realizado e desenvolvido integramente dende Redondela. O 'Videosaúdo con Papá Noel' é unha proposta pioneira no Concello de Redondela que xa cumple a súa terceira edición con datos de crecemento que reflexan o éxito da inciativa. Realizado integramente en Redondela, a páxina www.nadalenredondela.com, rexistrou máis de 2.000 visitas diarias dende o inicio das sesións o 10 de decembro, sumando máis de 20.000 solicitudes. As nenas e nenos de Redondela puideron saudar a Papá Noel dende a súa casa e este transmitíalles a súa felicitación de Nadal e explicáballes todo o traballo que lle queda por facer ata levar os agasallos aos seus fogares. O proxecto, desenvolvido integramente en Redondela e ideado por un funcionario do Concello, permite que os rapaces e rapazas, logo de introducir o seu nome, poidan recibir un saúdo totalmente personalizado de Papá Noel. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, destacou a extraordinaria acollida desta páxina que, dixo, “forma parte das iniciativas que realizamos durante o peor período da pandemia. Tiñamos que reinventarnos para non privar aos máis pequenos e pequenas da ilusión do Nadal. Foi tal o éxito que este ano, aínda que as restriccións permiten saúdar ao Papa Noel itinerante das parroquias a xente continuou facendo uso da páxina online”. Nenos e nenas puideron gozar de Papa Noel , unha das figuras máis esperadas do Nadal, de tres xeitos diferentes. Ademais do ‘Videosaúdo virtual’, por unha banda estivo fisicamente na Alameda de Castelao de Redondela e na Alameda Rosaía de Castro de Chapela. En Redondela dende o 15 ao 24 de decembro e en Chapela os días 20 e 23 de decembro. Doutra banda Papa Noel visitou as parroquias de Redondela facendo pasarrúas por todas elas, de xeito que os nenos e nenas puideran gozar da súa visita, no seu propio entorno e sen ter que desprazarse.