Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Inaugurouse a exposición “Cartografía de Galicia. O rostro dun país”

Concello de Redondela
13-07-2018
0
Inaugurouse a exposición “Cartografía de Galicia. O rostro dun país”

O Alcalde, Javier Bas, participa canda o director e presidente da Fundación Penzol na inauguración da exposición dedicada á evolución da cartografía en Galicia. Con esta mostra, promovida polo Servizo de Normalización Lingüística, tamén se realiza unha homenaxe a Domingo Fontán, figura escollida en 2018 para celebrar o Día da Ciencia en Galicia.

A concelleira de cultura, Teresa París, explicou a importancia dos mapas para coñecer a evolución administrativa de Galicia. O director da Penzol, Francisco Domínguez, resaltou que os mapas retratan o Reino de Galicia como entidade diferenciada e con protagonismo propio. Grazas aos mapas e ás cartas náuticas, subliñou, tamén se percibe as distintas representacións da costa galega e os puntos de referencia. Ademais engadiu que a colaboración da Fundación Penzol cos concellos é un dos propósitos que teñen para poñer en valor e divulgar o importante patrimonio que gardan.

A exposición recolle facsímiles de láminas dende o século XVII até o XX, a maior parte centradas en Galicia e outras máis concretas da provincia de Pontevedra e da Ría de Vigo.

A exposición estará aberta no Multiúsos da Xunqueira até o 31 de xullo.