Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Exposición: "Os obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS)" en Chapela

Bibliotecas de Redondela
26-10-2018
0
Exposición: "Os obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS)" en Chapela

Dende o 25 de outubro e ata o 11 de novembro poderase visitar no Multiúsos Piñeiral do Crego de Chapela, a exposición O"s Obxectivos do Desenvolvemento Sostible, un camiño para acabar coa pobreza e as desigualdades alá e acolá", en horario de luns a venres, de 16:00 a 22:00 h.

A mostra achéganos, a través dun formato novidoso: 17 grandes estruturas de cartón ilustradas con cadansúas viñetas representativas dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS).

Os ODS, fixados por Nacións Unidas dentro da Axenda 2030, son obxectivos que buscan erradicar a pobreza, a fame, as desigualdades e a destrución do planeta, e se plantexan tanto como unha meta na acción global e internacional como obxectivos no contexto máis próximo e local, a todos os niveis.

As viñetas da exposición foron elaboradas por 15 ilustradores e ilustradoras, tanto galegos como de países africanos da Lusofonía como son Mozambique, Cabo Verde e Guinea-Bissau.

Dita exposición, organizada e coordinada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade poderá visitarse no noso municipio grazas á colaboración das Bibliotecas Municipais de Redondela.

+ INFO: http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2018/10/exposicion-sobre-os-obxectivos-do.html