Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela ofrece a exposición ‘EN DESTAQUE, MULLERES NA HISTORIA’

Comncello de Redondela
09-03-2023
0
O Concello de Redondela ofrece a exposición ‘EN DESTAQUE, MULLERES NA HISTORIA’

A exposición, que continuará aberta todo o mes de marzo, é unha nova colaboración coa Fundación Filomena Rivereo Alonso coa que xa teñen presentado outras exposicións. O Concello de Redondela colabora unha vez máis coa Fundación Filomena Rivero Alonso.a través da exposición En desgaste, mulleres na historia. Telmo Crespo Tojeiro, membro do padroado da fundación, e Digna Rivas, alcaldesa de Redondela, estiveron esta mañá no Multiusos da Xunqueira para visitar a mostra.

EN DESTAQUE, MULLERES NA HISTORIA é unha exposición que por medio de paneis ilustrados, ensina en primeira persoa o papel desempeñado por diferentes mulleres ao longo da historia recente como Rosa Parks, María Montessori, Kathrine Switzer ou Billie Jean King entre outras mulleres.

A entidade que preside Gracia Regojo Bacardí desenvolve ao longo de todo o ano actividades en centros educativos e bibliotecas en relación á igualdade e contra a discriminación, sen limitarse a unha determinada época do ano, algo co que “este goberno comparte como filosofía e demostra con feitos”, conclúe Rivas.