Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Exposición "Os adeuses" no Multiusos da Xunqueira

Concello de Redondela
13-02-2023
0
Exposición "Os adeuses" no Multiusos da Xunqueira

Todo o mes de febreiro, na sala de exposicións da Xunqueira, poderedes achegarvos á exposición das fotografías de Alberto Martí. Unha actividade coordinada dende o SNL en colaboración co Consello da Cultura Galega.
Unha exposición co título "Os Adeuses" que se presentou e estivo en exposición no Museo da Emigración de Nova York.
Fotografías dos anos 50-60 que retratan un período duro da nosa historia: a emigración. Unha experiencia que vivimos dende hai máis de dous séculos con profundas consecuencias no noso país.
Abofé que ao mirar estas fotos vos lembraredes dos vosos familiares emigrantes. E a emoción nos asolaga.
Como dicía a canción de Fuxan os Ventos: "que nunca nos han pagar a nosa fame doutrora". Pero tampouco perdamos conciencia de quen hoxe inmigran aquí cando nós fomos e en parte somos aínda un pobo emigrante.