Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A pintura de Ángel Barros exporase en Redondela

Concellaría de Cultura. Concello de Redondela
29-09-2020
0
A pintura de Ángel Barros exporase en Redondela

Baixo o título de “Arte coma pensamento crítico” a Concellaría de Cultura anuncia a vindeira exposición do pintor redondelán Ángel Barros.

O artista presentará unha pintura de compromiso social a partir da escolla e reinterpretación de obras referentes na historia universal: Goya, Rafael, Delacroix, Zurbarán ou Gericault.

A calidade da obra, o interese histórico e o valor artístico quedarán recollidos nun catálogo impulsado polo Servizo de Normalización Lingüística.

O Libreto impreso será de distribución gratuíta para conseguir, en palabras do concelleiro Daniel Boullosa, “introducir nas casas de Redondela un anaco da historia viva da nosa vila, coma é Ángel Barros, e outro anaco que corresponde con exemplos do mellor da pintura de todos os tempos. É unha fortuna contar cun veciño coma el, tanto no senso artístico coma humano”.

   Fotografías de Cal-3

A exposición ocupará dúas salas no Multiúsos da Xunqueira: unha está dedicada á pintura e a outra á restauración, outra faceta á cal dedicou toda a súa vida e oficio Ángel Barros.

A inauguración está programada para o venres 2 de outubro e para poder asistir á mesma, deberase solicitar plaza previamente no correo electrónico normalizacion@redondela.gal 

A exposición poderá visitarse ata el 15 de novembro en horario de Luns a Venres de 8:30 a 14:30 e de 16:00 a 22:00.

Ademais, dende a Concellaría de Cultura anunciase visitas guiadas impartidas polo propio Ángel Barros.

Para poder asistir a ditas visitas, deberase realizar unha inscripción previa no departamento de Turismo do Concello de Redondela: turismo@redondela.gal ou contactando co mesmo de Luns a Sábado, de 11:00 a 14:00 e de 15:00 a 19:00; mediante teléfono (986 400 300 + extensión 230) ou visitando a Oficina de Turismo na planta baixa da Casa do Concello.