Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

EXPOSICIÓN SOBRE A LINGUA GALEGA

Concello de Redondela
02-10-2023
0
EXPOSICIÓN SOBRE A LINGUA GALEGA

A Alameda de Castelao acollerá, entre o 2 e o 8 de outubro, unha exposición dedicada ao galego. Co título de "Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir" ofrecerase un pequeno percorrido polas pecularidades e trazos de identidade do noso idioma e da súa evolución. A mosatra ten como obxectivo a promoción do galego entre todos os sectores da poboación poñendo en valor as moitas razóns que temos para sentir fachenda do noso idioma único.  A mostra consta de cinco grandes paneis nos cales se tratan cuestións como a riqueza toponímica de Galicia, a viveza do refraneiro popular ou as numerosas formas que temos para referirnos á choiva.

Ademais, a exposición contará coa presenza dunha persoa que guiará ao público detallando e explicando máis curiosidades do galego mediante xogos e dinámicas de participación. O público, por outra parte, poderá optar a premios escaneando o código QR que hai nos paneis.

Esta actividade forma parte do programa FalaRedes da Xunta de Galicia e no cal participa o Concello de Redondela dense o seu inicio.