Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Os Maios. A Exposición.

Concellaría de Cultura. Concello de Redondela
30-04-2021
0
Os Maios. A Exposición.

A Concellaría de Cultura de Redondela presenta a exposición "Os Maios, a festa da primavera" coa que poder achegarse á historia e características desta festa tan tradicional en Redondela.

Ante a imposibilidade de poder celebrar a tradicional Festa dos Maios en Redondela, debido ás limitacións e precaucións derivadas do covid-19, a Concellaría de Cultura decidiu manter a conexión coa festa creando este ano unha Exposición ó aire libre na que as persoas podan experimentar unha viaxe fotográfica pola historia dos Maios en Redondela.

   

"Decidiuse ubicar a exposición no Paseo da Xunqueira para integrala nun entorno natural, rodeada de plantas e flores, que é a esencia desta festa. Por outra banda, pensamos que sacar a exposición á rúa era, ademáis de máis seguro sanitariamente, unha maneira de achegar a historia, a cultura e as nosas tradicións ás persoas viandantes que, pasando pola zona ainda que sexa por casualidade, acabarán desfrutando dun bo momento cultural. Cremos, ademáis, que é posible aproveitar a idea e continuar nun futuro con outras exposicións doutras temáticas." comenta D. Daniel Boulllosa Martínez, Concelleiro de Cultura.

Nesta exposición achegámonos a información sobre os maios: os tipos de maios que existen (traidicionais ou figurados con forma de cruceiro, de canastros ou outras figuracións), os materiais dos maios, o concurso,... e todo a través dunha sucesión de imaxes que recollen fotografías antigas que a veciñanza cedeu ó Arquivo municipal. 

Acompañando ó fiuncho está tamén a historia das Coplas, composicións de sátiras en versos que reflexan a crítica social e os acontecimentos do ano. Seguir a evolución das coplas, tal e coma apuntan D. Olimpio Giráldez e Dona Lola Míguez nas súas publicacións, é seguir a verdadeira historia do municipio.

Hai fotografías que datan dos primeiros concursos dos Maios (1956) e van percorrendo a historia desta festa, a historia da vila de Redondela, celebrando a chegada da primavera, ata o día de hoxe. 

A exposición no Paseo da Xunqueira manterase durante todo o mes de Maio.