Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A exposición "Xela Arias e as palabras", do CEIP Porto Cabeiro, dende hoxe na Biblioteca Xela Arias de Chapela

Concello de Redondela
12-07-2021
0
A exposición "Xela Arias e as palabras", do CEIP Porto Cabeiro, dende hoxe na Biblioteca Xela Arias de Chapela

Xela Arias e as palabras é o título do proxecto didáctico co que o redondelán CEIP Plurilingüe Porto Cabeiro resultou gañador, dentro da categoría de centros de Primaria, no Concurso-Exposición arredor da autora homenaxeada polas Letras Galegas 2021, que organizaba a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Froito deste proxecto didáctico, o alumnado do centro elaborou 10 fermosos e orixinais carteis para difundir a vida, a obra e o traballo da Xela poeta, editora e tradutora a prol da nosa lingua e a favor da difusión da cultura.

Sobre eles, a comisión de valoración encargada de resolver a convocatoria salientou a “orixinalidade e creatividade, pola beleza estética e pola diversidade das técnicas empregadas na procura de difundir a vida e a obra de Xela Arias entre o público máis novo”.

      
Agora podemos gozar destes cartaces no mellor sitio posible: na sala infantil da biblioteca que leva o nome da nosa benquerida autora, en Chapela.

Dende as bibliotecas municipais queremos felicitar ao CEIP Porto Cabeiro polo premio recibido, e darlles as grazas por potenciar a figura de Xela Arias coa súa creatividade, e por cedernos o resultado deste traballo para que embeleza a nosa biblioteca de Chapela.

+ INFO: https://bibliotecasredondela.blogspot.com/2021/07/a-exposicion-xela-arias-e-as-palabras.html 


#XelaArias2021

#RedondelaconXela

#DíaLetrasGalegas21

#LetrasGalegas2021