Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Feira anual de Oportunidades do comercio local peatonaliza as rúas de Redondela

Asociación de Empresarios de Redondela
18-09-2019
0
A Feira anual de Oportunidades do comercio local peatonaliza as rúas de Redondela

O cambio de ubicación da pasada edición foi un éxito e os comerciantes apostan por dar continuidade a este novo emprazamento nas rúas Ribeira e Xeral Rubín, as Prazas do Concello, da Constitución e de Santiago.

A X edición da Feira anual de Oportunidades apostará pola peonalización dás rúas do núcleo urbano, as rúas do centro urbano estarán cortadas ao tráfico no horario da feira establecéndose accesos alternativos e ampliando as prazas de estacionamento nas entradas á Vila. Comercios de Redondela e Chapela daranse cita nesta feira que, na súa décima edición, segue a amosar a plena vixencia de este formato de promoción dos pequenos negocios locais. Medio centenar de establecementos participarán nesta edición na feira.

A feira celebrarase o sábado 28 de 10:00 a 22:00h e o domingo 29 de 11:00 a 21:00h.

O carácter anual da feira fará confluír excedentes de mercadoría de todas as temporadas, ás últimas oportunidades do verán o os remanentes da tempa de inverno conforman a ZONA OUTLET da feira. Como novidade a sección infantil da feira darase cita na Praza do Concello onde poderemos atopar a maior parte da oferta de roupa, accesorios, complementos e xoguetes infantís.

A zona gastronómica tamén terá un protagonismo destacado nesta feira. O emprazamento será a Praza da Constitución, e contará con actuacións musicais en vivo e obradoiros de cociña para o público infantil, xogos e unha actuación especial SESIÓN VERMÚ a cargo do grupo LA CHATA SOUL o sábado 28 ás 13:30h. O domingo tamén poderemos gozar das interpretacións musicais da Banda Municipal de Música en SESIÓN DE TARDE.

As zonas de xogos infantís presente ao longo de todo o percorrido da feira serán gratuítas e haberá distintos obradoiros como o de bolsas dirixidas aos nenos e nenas no que poderán personalizar as súas bolsas para ir de compras pola Feira. A zona gastronómica contará tamén con un taller de cociña.

 

Asociación de Empresarios e Concello de Redondela suman forzas na posta en marcha da décima edición da Feira anual de Oportunidades.