Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Feira anual de oportunidades 2022 esta fin de semana

Asociación de Empresarios de Redondela
26-09-2022
0
Feira anual de oportunidades 2022 esta fin de semana

O sábado 1 e domingo 2 de outubro a Alameda de Redondela volverá a acoller unha nova edición da Feira Anual de Oportunidades.

A feira de oportunidades: unha iniciativa para reimpulsar ao pequeno comercio que recupera o seu formato máis tradicional na alameda de Redondela pero cunha imaxe totalmente renovada. A Asociación de eEmpresarios de Redondela recupera a versión máis offline das súas actuacións de dinamización para reimpulsar o comercio local coa tradicional feira de oportunidades.

Reinventar este formato tradicional despois de  dous anos de pandemia e recuperar o escenario da Alameda de Redondela resulta todo un reto organizativo para acoller a todo o comercio da vila. O recinto feiral permitirá acoller a 30 establecementos expositores que se darán cita o sábado 1 e domingo 2 de outubro.

Moda, calzado e complementos supoñen o 70% da oferta nesta feira na que tamén poderemos atopar alimentación, vehículos, decoración e beleza de benestar.

A recuperación de actividades e zonas de ocio infantil será outro dos atractivos deste evento que combinará compras, diversión e premios en Redondela.

Os premios: A gran sorpresa está reservada á xornada dominical na que se sortearán 1.000€, en tarxeta de compra de 30€ e 50€ da man da Campaña COMPRAR NO TEU COMERCIO TEN PREMIOS que se realiza en colaboración coa Federación Galega de Comercio. Durante a mañá do domingo instalarase unha carpa na que a clientela poderá trocar todos os tickets de compras superiores a 10€ realizadas durante a semana do 26 de setembro ao 1 de outubro por participacións para o sorteo que terá lugar esa mesma mañá sobre as 13:30h.

O Concello de Redondela colabora neste evento cun importante despregamento de medios humanos para dotar ao recinto de servizos como iluminación, limpeza, coordinación do tráfico e as actuación musicais que terán lugar no espazo feiral na sesión vermú do sábado e do domingo ás 12:30h e unha sesión merenda especial ás 18:00h. Ademais, o Concello de Redondela, para mellorar e facilitar a accesibilidade a Redondela habilitará zonas de aparcamento especial na zona de Vilavella que potenciarán o paseo por toda a vila ata o recito feiral e o canxe de tickets de compra por horas de parking gratuíto. O canxe dos tickets de compra por parking poderá realizarse no stand informativo do recinto feiral. Esta promoción permitirá á clientela aparcar gratis mentres realiza as súas compras na feira e estará activa ata esgotar as existencias da promoción especial que se realizará con motivo da celebración da Feira de Oportunidades.