Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

FESTA DO SOLSTICIO DE INVERNO Aprazada

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
18-12-2019
0
FESTA DO SOLSTICIO DE INVERNO Aprazada

Debido á previsión metereolóxica, a Concellaría de Medio decidiu aprazar a actividade familiar planeada para este Sábado 21 de Decembro, a Festa do Solsticio de Inverno.

As 30 prazas xa foran cubertas e creouse unha lista de reserva. A actividade queda aprazada a unha fin de semana no que o tempo metereolóxico permita desenvolver todas os proxectos planeados.

Consultada a páxina metereolóxica https://www.windguru.cz/48740, e posta en valor a súa previsión de chuvias constantes, o Concelleiro de medioambiente, consultadas as técnicas municipais, decidiu suspender a actividade programada xa que a mesma consistía en visitar e analizar mediante talleres ao aire libre a natureza próxima ao río Pexegueiro.

A actividade non se suspende, simplemente posponse.

O Concello, determinada a fin de semana na que se realice a actividade, poñerase en contacto con todas as familias apuntadas para a Festa do Solsticio de inverno para comunicarlles a nova data. As familias xa apuntadas terán prioridade á hora de asistir á actividade. En caso de non poder asistir, continuarase convocando ás persoas apuntadas seguindo a estricta orde de reserva.