Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Concellaría de Medio ambiente avisa da ausencia de servizo por parte de Urbaser pola festividade de San Martín de Porres

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
02-11-2020
0
A Concellaría de Medio ambiente avisa da ausencia de servizo por parte de Urbaser pola festividade de San Martín de Porres

O vindeiro día 3 de Novembro celébrase a festividade de San Martín de Porres, patrón do sector de limpeza. Coma consecuencia desta festividade, tal e como está recollido no Convenio colectivo dos traballadores/as da recollida de lixo dos Concello de Redondela, o 3 de Novembro declárase día festivo para eles/as.

Por esta razón, dende a Concellaría de Medio ambiente do Concello de Redondela queren avisar á veciñanza que, tal e como ven sendo costume, o vindeiro Martes 3 de Novembro haberá servizos limitados na recollida do lixo.

Deste xeito, as Parroquias consideradas "zona B" (aquelas parroquias onde a recollida se efectúa os Martes/Xoves/Sábado) sufrirán a ausencia de servizo de recollida este día. 

Dende a Concellaría solicitouse a Urbaser que se apliquen medidas para evitar a acumulación de verquidos neste día e están agardando, a día de hoxe, resposta da concesionaria do servizo municipal.

Dende a Concellaría de medio ambiente quérese tamén pedir á cidadanía que difunda esta nova, e que actúe consecuentemente, evitando na medida do posible depositar o lixo neste día. O Luns 2 e o Mércores 4 de Novembro o servizo funcionará sen nengún tipo de restricción.