Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O 15 de outubro finaliza o período de pagamento voluntario dos recibos do IBI

Concello de Redondela
11-10-2021
0
O 15 de outubro finaliza o período de pagamento voluntario dos recibos do IBI

Unha vez rematado o prazo o cobro realizarase por vía executiva coas recargas de apremio regulamentarias. O Concello de Redondela lembra á veciñanza que o vindeiro día 15 de outubro remata o prazo para o pagamento, en período voluntario, dos recibos do Imposto sobre Bens Inmobles 2021 (IBI rústica e urbana).

Os contribuíntes que aínda non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago a través da Oficina Virtual Tributaria ou en calquera das sucursais de Abanca, Caixabank ou Banco Bilbao Vizcaya, poderán obter un duplicado dos mesmos na Oficina Virtual Tributaria https://redondela.tributoslocales.es , na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela –rúa Ernestina Otero 35 baixo– en horario de atención ó público de luns a venres de 9:00 h a 14:00 horas e de luns a xoves de 16:00 h a 19:00 horas ou na Oficina de Chapela sita. no Camiño do Piñeiral 22 no horario de atención ao público (tódolos mércores de 9:00 h a 14:00 horas.

Os recibos tamén poden ser solicitados a través do teléfono de atención ó contribuínte 986 408 374 ou no correo electrónico: redondela@canaltributos.com 

Cómpre lembrar que unha vez finalizado o prazo de pagamento voluntario (o 15 de outubro) o cobro realizarase pola vía executiva coas recargas de apremio regulamentarias.