Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O 20 de decembro remata o prazo para o pagamento en período voluntario da taxa do lixo, vados e taxis

Concello de Redondela
16-12-2021
0
 O 20 de decembro remata o prazo para o pagamento en período voluntario da taxa do lixo, vados e taxis

Unha vez rematado o período voluntario o cobro realizarase por vía executiva coas recargas de constrinximento regulamentarias

O Concello de Redondela vén de poñer en coñecemento de todas as interesadas e interesados que o vindeiro 20 de decembro remata o prazo para o pagamento en periodo voluntario dos recibos da Taxa pola recollida do Lixo 2021, Taxa pola entrada de vehículos (vados) 2021 e a Taxa pola reserva da vía pública (taxis) 2021.

Os contribuíntes que ainda non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago a través da Oficina Virtual Tributaria ou en calquera das sucursais de Abanca, Caixabank ou Banco Bilbao Vizcaya, poderán obter un duplicado dos mesmos na Oficina Virtual Tributaria https://redondela.tributoslocales.es , na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela sita. na Rúa Ernestina Otero 35 bx. (horario de atención ó público de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h e de luns a xoves de 16:00 h a 19:00 h) ou na Oficina de Chapela sita. no Camiño do Piñeiral 22 (horario de atención: tódolos mércores de 9:00 a 14:00). Tamén poden dirixirse ao teléfono de atención ao contribuínte (986 408 374) ou ao correo electrónico redondela@canaltributos.com 

Finalizado este prazo o cobro realizarase pola vía executiva coas recargas de constrinximento regulamentarios.