Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A concellería de Igualdade anima á veciñanza a participar na flashmob contra a violencia machista

Concello de Redondela
17-11-2023
0
A concellería de Igualdade anima á veciñanza a participar na flashmob contra a violencia machista

Dentro da programación co gallo do 25N a concellería de Igualdade do Concello de Redondela, que dirixe Iria Vilaboa, convida á veciñanza de todas as idades a participar na actividade Danza na Rúa contra a Violencia Machista. Trátase dunha flashmob participativa que se celebrará o domingo 26 de novembro ás 12.00 horas na praza de Ponteareas. O tema escollido para esta ocasión é Lisístrata (Varre vasoira) de Fillas de Cassandra. A coreografía, realizada por Pau Izard, pode consultarse na páxina web do Concello de Redondela e nas redes sociais. No titorial están todos os pasos de baile e as explicacións realizadas pola propia coreógrafa. Na actividade participará o alumnado dos diferentes grupos e escolas de baile do municipio, e a concelleira anima tamén á veciñanza de todas as idades “a practicar o baile coa familia e amigos e unirse para rexeitar a violencia machista”
No caso de chuvia a actividade trasladarase ao pavillón municipal de Redondela.

  VER A COREOGRAFÍA