Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O concello de Redondela no autorizará as fogueiras de San Xoán para non favorecer situacións de risco que comprometan o nivel de restricións en Redondela co conseguinte impacto económico que elo tería.

Concello de Redondela
11-06-2021
0
O concello de Redondela no autorizará as fogueiras de San Xoán para non favorecer situacións de risco que comprometan o nivel de restricións en Redondela co conseguinte impacto económico que elo tería.

Vistas as directrices da FEGAMP chegadas ao Concello de Redondela e consultada a posición da Xunta de Galicia a través da Consellería de Sanidade, o respecto da celebración das Fogueiras de San Xoán para a vindeira noite do 23 ao 24 de xuño de2021.

Avaliando os riscos derivados da eventual celebración das tradicionais fogueiras de San Xoán debemos ter presente que aínda seguimos nunha situación de excepcionalidade na que a adecuada protección da saúde das persoas debe ser o criterio que presida a actuación dos poderes públicos e tamén deste Concello.

Entendendo que as fogueiras de San Xoán son por definición un evento para o encontro e a celebración presidida pola espontaneidade e o carácter festivo polo que as concentracións humanas a que cada fogueira da lugar, así como os desprazamentos de poboación derivados delas son en grande medida impredicibles.

E contemplando finalmente que o Concello debe contribuír cunha adecuada política de prevención a non favorecer situacións de risco que comprometan o éxito da campaña de vacinación ou que podan elevar o nivel de restricións en Redondela co conseguinte impacto económico que elo tería.

A Concellería de Medio Ambiente resolveu no día de hoxe:

-Acordar a non autorización no presente ano 2021 das tradicionais fogueiras de San Xoán no termo municipal de Redondela que non poderán celebrarse na noite correspondente pero tampouco en outros días alternativos.