Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela organiza unha formación en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes para a cidadanía

Concello de Redondela
16-05-2023
0
O Concello de Redondela organiza unha formación en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes para a cidadanía

A colaboración e cooperación entre Administracións públicas na aplicación do principio de igualdade de trato e oportunidades é esencial para a cidadanía. A adquisición de conceptos e competencias básicas en igualdade de oportunidades permitirá á cidadanía reflexionar sobre a situación actual, coñecer o vocabulario fundamental relacionado coa igualdade de oportunidades, aprender a utilizar unha linguaxe non sexista e fomentar prácticas encamiñadas á igualdade tanto non centro educativo como na súa futura vida profesional. Así mesmo, é importante que a cidadanía aprenda a identificar e abordar problemas relacionados coa desigualdade e a violencia de xénero, abordando o desenvolvemento de habilidades para a discusión e a negociación con respecto á igualdade de oportunidades.

A Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, proclama no artigo 3 como principio básico: “O principio de igualdade de trato entre mulleres e homes supón a ausencia de toda discriminación, directa ou indirecta, por razón de sexo, e, especialmente, as derivadas da maternidade, a asunción de obrigas familiares e o estado civil.”

É por isto que o ÇConcello organiza este curso cos seguintes obxectivos:

Achegarse ós conceptos básicos que permitan reflexionar sobre a igualdade entre mulleres e homes en distintos ámbitos.

2. Analizar as actuacións levadas a cabo polos organismos internacionais para a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a súa consolidación.


3. Coñecer as políticas levadas a cabo en España para a consecución da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

4. Realizar unha aproximación á situación dás mulleres e homes en España nos espazos reprodutivo e produtivo.


5. Observar a realidade desde a perspectiva de xénero, para sinalar as desigualdades nos ámbitos doméstico, público e privado.


6. Reflexionar sobre os elementos que se dan na comunicación froito da desigualdade entre mulleres e homes, tanto na linguaxe oral/escrita como na representación social da imaxe das mulleres


7. Reflexionar sobre a importancia da utilización non sexista da linguaxe para a eliminación dos estereotipos de xénero e a visibilidade das aportacións das mulleres á sociedade.

8. Analizar as causas e as diferentes manifestacións da violencia de xénero, a situación en España e a lexislación e os medios para a súa erradicación.


CONTIDOS:


1. Conceptos básicos ao redor da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

2. Accións para a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes desde os organismos internacionais.


3. Análise da situación socioeconómica das mulleres no noso país.

4. Políticas para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no noso país.


5. Comunicación: introdución á comunicación non sexista.


6. Violencia de xénero.

PERSOAS DESTINATARIAS:


Persoas maiores de idade, preferentemente empadroadas no Concello de Redondela .

TEMPORALIDADE:


10 horas repartidas en dúas sesións.

HORARIO e ESPAZOS:


Redondela, venres 19 de maio de 16:00 a 21:00 e sábado, 20 de maio de 9:00 a 14:00h.

Chapela, venres 26 de maio de 16:00 a 21:00 e sábado, 27 de maio de 9:00 a 14:00h.

INSCRICIÓN: do luns 15 de maio ao xoves 18 de maio.