Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela homenaxea a Sesé Mateo na gala do seu premio de Xornalismo Ético

Concello de Redondela
27-11-2023
0
Redondela homenaxea a Sesé Mateo na gala do seu premio de Xornalismo Ético

O Concello de Redondela eo venres 24 o III Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético cunha emotiva gala presentada pola xornalista redondelá Laura Vaqueiro. Este premio naceu co obxectivo de recoñecer “a ética á hora de tratar informacións relacionadas coa violencia machista, fuxindo de sensacionalismos e respectando a intimidade das vítimas e as súas familias”, como explicou a alcaldesa Digna Rivas. Ana González Liste é a gañadora desta edición cunha reportaxe sobre a vida das mulleres galegas vítimas de violencia de xénero que contan con seguemento telemático por parte da policía. A concelleria de Igualdade, Iria Vilaboa, salientou que este ano presentáronse 12 traballos en diferentes formatos, “o que pon en valor a calidade da reportaxe gañadora, que competía con outros traballos que poden resultar máis atractivos como pode ser un audiovisual”.

Ana González Liste manifestou que é “un orgullo recibir este premio que leva o nome de Sesé Mateo” e agradeceu “a xenerosidade das mulleres que confiaron en min e dedicáronme o seu tempo para que esta reportaxe fose posible”.

Un dos protagonistas da cita foi Joshua Mateo, fillo de Sesé Mateo, quen agradeceu que a memoria da súa nai se manteña viva grazas a este premio, falou do seu traballo como axente de igualdade e pediu a todo o público que traballen tamén no seu entorno “como axentes do cambio”.