Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Apertura da sala de estudo

Bibliotecas de Redondela
16-06-2020
0
Apertura da sala de estudo

As Bibliotecas Municipais de Redondela, reabriron este luns, 15 de xuño, as súas salas de estudo, respetando a capacidade, cumprindo sempre a distancia interpersoal e a limpeza e hixiene axeitados. 

As persoas interesadas poderán acudir á sala de estudo da biblioteca de Redondela de luns a venres de 08:30 a 14.00 horas. O servizo de estudo na biblioteca de Chapela será de 09:00 a 14:00 h.

No caso da sala de estudo da Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela, para ampliar o número de postos dispoñibles, adaptouse un dos espazos da planta baixa do Multiúsos da Xunqueira, acadando así un total de vinte prazas.

Ao chegar ao Multiúsos deben solicitar, no mostrador da entrada, un número que se corresponde co do posto asignado para o estudo; ese número entregarase de novo á saída para que o persoal poida sinalizar ese lugar para a súa hixienización.

Os restantes servizos en curso nas bibliotecas de Redondela, que se incorporaron progresivamente nas fases anteriores, son os seguintes: préstamo e devolución, uso de computadores, servizo de referencia, información e consulta bibliográfica

http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2020/06/reabren-as-salas-de-estudo-nas.html