Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Goberno de Redondela traslada a Renfe as necesidades da súa veciñanza

Concello de Redondela
09-01-2020
0
O Goberno de Redondela traslada a Renfe as necesidades da súa veciñanza

O Goberno mantivo esta semana unha reunión co representante institucional de Renfe.

O pasado 8 de xaneiro, a Alcaldesa, Digna Rivas, e outros membros do Goberno, mantiveron unha reunión informativa co representante institucional de Renfe, Javier Pérez López, na que se estableceron os puntos a seguir para reivindicar unha mellora dos servizos ferroviarios en Redondela.

Este non é maís que o inicio do camiño para conseguir que Redondela obteña os servicios ferroviarios propios dun municipio de case 30000 habitantes, cuarto da provincia de Pontevedra.

Nas próximas semanas o gobernó municipal establecerá contactos con distintos representantes de Adif e demais institucións con competencia ferroviaria para establecer o protocolo de actuación que permita mellorar servizos e maximizar o uso de infraestructuras.

Tras a polémica medida de Adif de eliminar a venda presencial de billetes en distintas localidades, entre as que se inclúe o municipio de Redondela, A Alcaldesa, Digna Rivas, reuniuse co representante de Renfe, para falar deste, e doutros temas relacionados no servizo ferroviario e que inflúen na veciñanza redondelana.

Segundo informa o Goberno municipal, as reivindicacións e o esforzo debe comezar por lograr incrementar a frecuencia e paradas dos trens de media distancia no Municipio de Redondela, co fin de converter este servizo nun servizo público máis competitivo e eficaz que cubra as necesidades da veciñanza.

Debe ser un compromiso firme de políticos e institucións loitar por modificar hábitos e fomentar o uso de transportes alternativos que favorezan e respeten o medio ambiente, pero para iso é imprencindible que a oferta sexa reflexo da demanda, "sabemos que moita mais xente usaría o tren para desplazarse a cidades como Vigo e Pontevedra se a frecuencia de paradas en Redondela fora maior", "non podemos olvidarnos que Redondela, con case 30.000 habitantes é o cuarto municipio da provincia e polo tanto é imprencindible dispor dun servizo digno, polo que apostaremos firmemente por fomentar o uso do ferrocarril."

O representante de Renfe, Javier Pérez, expresou que as medidas adoptadas ante o peche das billeteiras po Adif en Redondela, como a instalación dunha máquina autoventa e a habilitación dun teléfono de atención ao cidadán quedarán definitivamente instauradas a partir da semana próxima, e que os clientes xa poden adquirir os seu billetes na web de Renfe, na oficina de Correos ou no propio tren.

Outro dos temas tratados na reunión foi o relativo a posibilidade do uso dos edificios das dúas estacións, Portela e Eidos, competencia de Adif, uso que será solicitado co fin de habilitar espazos infrautilizados en beneficio da veciñanza.