Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela pon a disposición da veciñanza a Hemeroteca Dixital de Faro de Vigo totalmente de balde

Concello de Redondela
18-04-2022
0
O Concello de Redondela pon a disposición da veciñanza a Hemeroteca Dixital de Faro de Vigo totalmente de balde

O Concello de Redondela vén de renovar a subscrición á hemeroteca dixital de Faro de Vigo de cara que a veciñanza poida consultala, de xeito totalmente gratuíto, nos mesmos puntos nos que se facía ata agora, é dicir, as bibliotecas públicas redondelás –Valle-Inclán de Redondela e Xela Arias de Chapela– e o Arquivo Municipal situado na propia casa do Concello.

“Nas páxinas de Faro de Vigo están recollidas moitas novas e tamén moitas curiosidades da vida de Redondela”, explica a alcaldesa Digna Rivas para quen a renovación desta subscrición “garante á veciñanza o acceso libre e gratuíto a estes fondos importantes tanto para a investigación académica como para a historia local”.

Digna Rivas animou á veciñanza e aos centros escolares e veciñanza en xeral “a utilizar esta hemeroteca como unha ferramenta educativa e de investigación e coñecemento do noso municipio”.