Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Medio Ambiente pide a veciñanza que non consuma auga da Fonte da Lata o poder estar afectado o nacente por un presunto uso masivo de herbicidas no Aeroporto de Vigo

Concello de Redondela
11-06-2021
0
Medio Ambiente pide a veciñanza que non consuma auga da Fonte da Lata o poder estar afectado o nacente  por un presunto uso masivo de herbicidas no Aeroporto de Vigo

atendendo o principio de precaución o departamento de medio ambiente do Concello de Redondela, ven de sinalizar como auga non apta para o consumo humano a Fonte da Lata na parroquia de Vilar de Infesta. Esta medida tomouse despois de que no día de onte un operario municipal deu aviso de que no peche metálico e taludes do  aeroporto a herba tiña síntomas de ser queimada con herbicidas nas proximidades da Fonte da Lata.  

Unha vez feita a sinalización preventiva deuse orde de apertura de expediente de investigación ambiental para esclarecer os feitos. A Concellería de Medio Ambiente ten programada unha recollida de mostras o vindeiro Martes día 15 de Xuño na Fonte da Lata par realizar unha análise das augas. Ata que se reciban os resultados do laboratorio e se teñan todas as garantías a Fonte da Lata continuará coa sinalización de auga non apta para o consumo humano. Investigarase esta situación con rigor e contundencia pois pode estar en risco a saúde pública.

      

O Concelleiro de Medio Ambiente deu aviso a Asociación de Veciños de Vilar esta mesma tarde da situación. Roberto Villar “lamenta esta situación e recorda os responsables do Aeroporto que Redondela foi declarado no ano 2012 Concello Libre de Herbicidas”.