Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Homenaxe a Xela Arias

Concellaría de Cultura. Concello de Redondela
31-03-2021
0
Homenaxe a Xela Arias

  
“As Bibliotecas Municipais de Redondela poñen en marcha, baixo a dirección da narradora e dinamizadora cultural Ana Facchini, unha homenaxe radiofónica, a través das ondas da Radio Municipal de Redondela, á autora Xela Arias á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.“Xela a Diario”, unha chiscadelaá obra “Darío a diario”, é o nome que recibe a iniciativa que se desenvolverá en dúas fases, a primeira delas do 5 ao 30 de abril e a segunda no mes de maio.

O programa emitirase diariamente, de luns a venres, ás 11:00 h. e despois dos informativos das 14:00 e das 17:00 h. Nas fins de semana tamén  será difundido pola Rede de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA).

“Xela a Diario” reúne en cada un dos espazos, duns dez minutos, unha breve contextualización sobre a vida e obra da escritora e a lectura dos seus poemas na voz da propia Ana Facchini e de distintos persoeiros do mundo da cultura así como de calquera persoa que desexe enviar os seus audios ás Bibliotecas Municipais de Redondela (bibliotecaredondela@redondela.gal )(bibliotecachapela@redondela.gal)

O obxectivo primeiro desta iniciativa é tratar de dar a coñecer ao público en xeral, tanto a produción poética, como o resto da traxectoria profesional de Xela Arias; en especial, aquelas facetas máis descoñecidas, pero tamén ofrecer unha aproximación á Xela muller e ao seu lado máis humano.

Redondela, ademais, ten unha vinculación afectiva con Xela Arias plasmada no nomeamento da biblioteca de Chapela co nome da autora, no ano 2018.”

 

No blogue: http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2021/03/xela-diario-homenaxe-radiofonica-de.html 

Presentación en Radio Redondela:  https://www.radioredondela.com/2021/03/31/xela-a-diario-unha-homenaxe-radiofonica-de-redondela-a-xela-arias/ 

    

   


Foto 1. Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura,  Mª José Villar e Mª Elena Becerra, das Bibliotecas Municipais de Redondela Foto 1. imaxe dereita: Mª Elena Becerra , directora das Bibliotecas Municipais de Redondela e Ana Facchini, directora do proxecto.

Foto 2. Mª Elena Becerra , directora das Bibliotecas Municipais de Redondela e Ana Facchini, directora do proxecto.

Foto 3.  Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura,  Mª José Villar e Mª Elena Becerra, das Bibliotecas Municipais de Redondela

Foto 4. Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura, Ana Facchini, directora do proxecto,  Mª José Villar e Mª Elena Becerra, das Bibliotecas Municipais de Redondela e Ana Prieto de Radio Redondela