Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela comeza a primeira fase de humanización na subida a Cidadelle

Concello de Redondela
16-01-2023
0
Redondela comeza a primeira fase de humanización na subida a Cidadelle

Os traballos permitirán mellorar estes servizos e renovar a capa de rodadura neste camiño situado na parroquia de Chapela e terán unha duración aprocimada de 4 meses. O Concello de Rodondela xa deu comeza a primeira fase de renovación das redes de saneamento e abastecmento na subida a Cidadelle grazas a subvención Deputación de Pontevedra que fai unha achega importante de 355.465€ da Liña 1 do Plan Concellos para Redondela, que se destinará ás obras de renovación das redes de saneamento, pluviais e abastecemento do Camiño Subida a Cidadelle, na parroquia de Chapela. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, quixo engadir que “a segunda fase xa está en proceso de redacción para poder comezala en canto remate a primeira. Esta é unha obra moi importante e moi solicitada polos veciños e veciñas de Cidadelle e quereemos cumplir o noso compromiso”.

 


EN QUE CONSISTE O PROXECTO:

 


A zona do proxecto sitúase no camiño de Subida a Cidadelle, na Parroquia de Chapela, iniciando a actuación no entorno da intersección deste camiño coa Avda de Redondela (N-555). Actualmente tanto o camiño como as instalacións de saneamento, abastecemento de auga e rede de pluviais encóntranse moi deteriorada, producíndose incidencias por roturas moi frecuentemente.

Se deseñará a renovación dos colectores de saneamento e pluviais, así como a renovación e mellora da rede de abastecemento, tendo en conta os datos de partida e xeometría das redes existentes.O firme presenta distintos bacheos, por causa das roturas das instalacións, o que fai necúsaria unha mellora urxente na capa de rodadura.

EXPLICACIÓN PORMENORIZADA DA OBRA

A renovación das instalacións como da capa rodadura, comprende un tramo de aproximadamente 500 metros lineais. A zona da actuación ten unha superficie aproximada de 4.000 m2, distribuídos en 500 metros lineais, con una anchura media de 7,5 metros. A zona do proxecto non presenta rede separativa de augas pluviais e fecais. Nos dias de choivas, as augas pluviais saturan a rede de saneamento, provocando incidencias no encontro de unión da rede que discorre polo camiño coa rede existente na Avda. de Redondela, onde si existe rede separativa.

A rede de saneamento se renovará atendendo a disposición existente, sendo esta polo eixo do camiño, con tubaxe de PVC liso SN4 de diámetro 315 mm. Se construen un total de 31 pozos de rexistro sendo dous (2) pozos de resalto fabricados “in situ” e un pozo de rexistro de derivación con comporta de acero que permita a desviación do fluxo cara a rede que discorre polo amiño Roncal construido con formigón “in situ”. Se contempla a renovación das acometidas domiciliarias existentes e a conexión do colector principal a rede actual existente na Avda. de Redondela.

Se repoñerán as acometidas de saneamento existentes (24 uds.), para a evacuación de augas residuais e/ou pluviais ao colector xeral.

Unha vez executadas as instalacións procederase ao estendido e perfilado, con capa de saburra de 20 cm de espesor e compactacións dos foxos e rega de imprimación con emulsión asfáltica.