Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Alumnado do IES Illa de San Simón de Redondela clasifícase para a final do Clube de debate

Concello de Redondela
02-03-2020
0
O Alumnado do IES Illa de San Simón de Redondela clasifícase para a final do Clube de debate

A final celebrarase en Santiago de Compostela o sábado 16 de maio-

Este venres, 28 de febreiro, A Alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a Concelleira de Ensino, Olga González, quixeron apoiar ao alumnado do IES San Simón e Mendiño, asistindo a fase eliminatoria que se desenvolveu no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Nesta fase clasificatoria participaron sete equipos dos concellos de Pontevedra, Redondela e Rianxo, formados por estudantes de 3º, 4º de ESO e 1º de bacharelato, de distintos centros, que debateron arredor do tema “salvemos o Planeta”.
Os centros que participaron nesta fase da zona de Pontevedra foron os centros IES Luís Seoane, IES Valle Inclán, IES Sánchez Cantón, Escintileo do Cantón e Estoxo Azul do Lérez, 2 equipos de Redondela, IES Mendiño e IES Illa de San Simón e 1 equipo de Rianxo, IES Félix Muriel,
O xurado, formado por 5 profesionais da lingua e da comunicación, declaraou como gañadores, e polo tanto clasificados para a final, a o equipo do IES Félix Muriel de Riaxo e como segundo clasificado ao IES Illa de San Simón de Redondela.
A fase final terá lugar o sábado 16 de maio en Santiago de Compostela onde debaterán a favor e en contra do tema "O futuro do galego está en nós". O equipo con máis puntuación terá como premio unha viaxe multiaventura de fin de semana.
Segundo expresaba a Alcaldesa, o Club de Debate é unha actividade das concellarías de Normalización Lingüística para desenvolver as destrezas orais da lingua galega en distintos contextos, fomentar o debate e consolidar foros de discusión sobre temas de actualidade e de interese social, actividades que este Goberno está encantado de apoiar.